Friday 03 de May de 2024

O Concello das Somozas traballa no pintado e instalación da luz led dos báculos en Pena de Eiriz e A Toca


• Tamén estase a levar a cabo traballos de limpeza, protección contra sobretensións e embelecemento dos elementos.

• A finalidade da intervención consiste en acadar unha mellora das condicións luminosas da rede viaria, así como unha óptima eficiencia enerxética empregando luz LED.

As Somozas, 9 de outubro de 2023 – O Concello as Somozas comeza os traballos de pintado, limpeza e instalación de luz LED dos báculos de Pena de Eiriz e A Toca.

A finalidade desta intervención consiste en acadar unha mellora das condicións luminosas da vía, así como unha óptima eficiencia enerxética empregando luz LED.

Asimesmo, instaláronse proteccións das luminarias punto a punto no cadro mediante a instalación de garantía contra sobretensións, permanente e transitorias.